2011 / Enormic Banda 2011 / Portada para revista de cómic "Enormic Banda 2011" / O Salnés

Portada da revista

CC BY-NC-ND

Deseño da portada para a revista de cómic “Enormic Banda 2011". Nela quixen resaltar a importancia da viñeta, incluíndo en cada unha delas un grafismo veloz.

2009 / Edison bye / Lámpada estructural en Tokonoma / Santiago de Compostela

Lámpada estructural "Edison bye bye"

CC BY-NC-ND

Tokonoma Iluminación ten na súa tenda/estudio un espazo adicado a exposicións temporais chamado "A Caixa Negra". Este espazo aloxou a exposición "Edison bye", unha colectiva que rende homenaxe á lámpada, agora que está a punto de desaparecer.

2008 / Unha Caixa De Sorpresas / Lámpada estructural en Tokonoma / Santiago de Compostela

Lámpada estructural

CC BY-NC-ND

O conxunto é o resultado da articulación de oito módulos independentes, unidos por un discurso gráfico en torno ás posibilidades dun cubo. Unha caixa aberta cuxas tapas aparecen e desaparecen, presididas, dende o alto, pola cor do seu hipotético contido.

2007 / Muro De Luz E Auga / Intervención nos muros da autoridade portuaria / Vilagarcía de Arousa

Intervención "Muro De Luz E Auga"

CC BY-NC-ND

Proxecto realizado pola “Asociación i Latina “ onde varios artistas tiveron que realizar a sua intervención nos muros da autoridade portuaria de Vilagarcia de Arousa.

1999 / Cartel - Tarxeta “I Xornadas Das Artes Plásticas” / Centro Comarcal Do Salnés / Cambados

Detalle do folleto das xornadas

CC BY-NC-ND

19 e 20 de novembro. "Xornadas Das Artes Plásticas" organizadas por Luis Silvoso, da Galeria Borrón 4. Conferencias a cargo de Antón Castro e Juan Fernando de Laiglesia.

1998 / Cartel Entroido 98 / Concello de Vilagarcía / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cartel

CC BY-NC-ND

Cartel para o entroido do ano 1998, encargado pola Concellaría de Cultura do Concello de Vilagarcia de Arousa. Realizado con fondo de chapas de aluminio de cores variadas e prensados do mesmo metal, logo ía compoñendo figuras con materiais que tiña polo estudio.

1995 / Portada para libro de poesía / Chazo, Chaves, Racedo e Veronese / Vilagarcía de Arousa

Portada do libro

CC BY-NC-ND

Este foi un encargo que recibín dos meus amigos Chazo e Chaves. Fixen o deseño da portada do libro de poesía de Victorino Veronesse, Graciela Racedo, Xaquín Chaves e Manolo Chazo.

1993 / Cartel do IX Open Internacional de Xadrez / Cambados / Pontevedra

Portada do libro

CC BY-NC-ND

Deseño da portada dunha revista para un torneo de xadrez. A obra foi doada como primeiro premio do torneo celebrado entre xullo e agosto do ano 1993.

1993 / Pequenas ideas en pequenos espazos de tempo / Pavimento de ferro / Vilagarcía de Arousa

Detalle do pavimento

CC BY-NC-ND

Proposta das Concellarías de Cultura, Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Vilagarcía de Arousa, para a intervención plástica no pavimento da rúa da Baldosa en abril de 1993. Participamos Xaquín Chaves, Manolo Chazo, César Lombera e Xurxo Alonso. A miña obra, “Pequenas ideas en pequenos espazos de tempo”, consiste en 96 pezas de ferro fundido de 20 x 20 cm con representacións variadas e intercalando pés en aceiro cortén.

1991 / "Aí ven o Maio" / Folla Anual da Agrupación Cultural Deportiva “A SECA” / Pontevedra

Detalle da portada da publicación

CC BY-NC-ND

Deseño da portada para a publicación nº 6 de “Aí Ven o Maio” da folla anual da Agrupación Cultural Deportiva "A Seca". Debuxo un palleiro cheo de flores e de fondo, o texto de “Aí Ven o Maio” en tinta chinesa.