2014 / Son de Cambados / IES Ramón Cabanillas / Cambados

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND

A cuarta edición da mostra Artefacto Salnés, que se inaugurou o venres 2 de maio e permaneceu aberta ata o 25 do mesmo mes, inclúe traballos de alumnos do Instituto Ramón Cabanillas e está integrada por obras de artistas cambadeses ou estrictamente vinculados a Cambados. Trátase dunha exposición multidisciplinar que conta ademais, cos obradoiros de fotografía conducidos por José Luiz Oubiña e Quico Álvarez.

Os artistas invitados nesta edicción son: o escultor Manolo Paz, a deseñadora Eva Soto, os pintores Xaquín Chaves, Uxío López, Lino Silva, Héctor Quintela, Emérita Méndez e Iria Ribadomar, o artista gráfico de comic Xulio Gayoso e o artista conceptual Lois Magariños. Tamén participaron Manolo Chazo, Ramón Caride, Begoña González e Augusto Chaves, con textos sobre o panorama artístico de Cambados dende os anos 70 ata hoxe.

2014 / Mercart 2014 / Liceo Casino / Vilagarcía de Arousa

Detalle da tarxeta da exposición

CC BY-NC-ND

Mercart, primeira feira de arte e coleccionismo no Salnés, organizada por Anxo Pastor e realizada nas instalacións do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, inaugurouse o 10 de abril de 2014 permanecendo aberta ata o día 13 do mesmo mes. Nela participaron máis de corenta artistas entre pintores, escultores e fotógrafos. A miña aportación consistiu en catro obras de formato pequeño (30 x 30 cm) pertencentes á serie Lenzo en branco na que estaba a traballar. Este mesmo local do Liceo Casino albergara, hai corenta anos, unha exposición colectiva na que expuxen por primeira vez.

2013 / Píntao de Rock / Pazo de Torrado / Cambados

Detalle da tarxeta da exposición

CC BY-NC-ND

Exposición realizada no Pazo de Torrado de Cambados por Artefacto Salnés e comisariada por Fernando Arenaz, que tiña como tema o rock and roll. Foi unha colectiva entre artistas da comarca e estudiantes do instituto Ramón Cabanillas de Cambados. Participei con unha chapa de aluminio de 200 x 100 cm plegada pola metade. Nela imprimín portadas ordenadas cronolóxicamente sobre unha das miles de historias de rock and roll. Montado por un lado con formato de vinilo e por outro con formato de cd.

2013 / Pintura & Escultura - Mostra 2013 / Hotel Pazo O Rial / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND

Exposición inaugurada durante as xornadas sobre tecnoloxías renovables que realizou a empresa FOGA no Hotel Pazo O Rial en Vilagarcía de Arousa, e prolongada ata final do verán. Espazo compartido co escultor Manolo Chazo.

2013 / Unha ducia + 3 / Espazo Sumay / Vilagarcía de Arousa

Detalle do tarxetón da mostra

CC BY-NC-ND

A vinoteca Casa Sumay inaugurou o pasado 4 de xaneiro unha exposición colectiva no Espazo Sumay, unha sala destinada a multiples actividades, onde se deron cita pintores, escultores e fotógrafos.

2012 / artestr@za 1836 / Antiga fábrica de papel / O Lousao

Detalle do cadro "Campos destinguidos"

CC BY-NC-ND

Comeza o 16 de xullo de 2012. Exposición colectiva realizada na antiga fábrica de papel O Lousado en Piñor de Cea. Comisariada por Manuel Alfonso Estévez. Nace coa idea de ser itinerante por varias cidades de España. Nela, cada artista invitado tiña que ter unha intervención plástica en papel de estraza co formato único de 44 x 31 cm.

2012 / Verán2012 / Galería Besada / O Grove

Detalle do folleto da exposición

CC BY-NC-ND

Do 1 de xullo ao 31 de agosto. Colectiva organizada pola galería Besada nas súas instalacións do Grove. Comparto espazo con Carlos Alvárez, Rosa Úbeda, Guillermo Pedrosa, Sebas Anxo, Francisco Pazos, Xaime Fuentes e José Saenz-Díez.

2012 / Do encadre ao cadro / Pazo de Torrado / Cambados

Detalle do cartel da mostra

CC BY-NC-ND

Do 4 ao 27 de maio. Colectiva montada por Fernando Arenaz dentro do proxecto de “Artefacto Salnés 2012”. Varios artistas tiñamos que plasmar a influencia do cine no noso traballo. Eu para a ocasión preparo unha obra titulada “Accidente Kafka”, na que mostro o meu proceso de creación paso a paso, coa técnica do stop-motion, nun video realizado por Pablo Oubiña @oubiga, todo acompañado con música de Van Morrison.

2009 / Alobre / Seis intervencións no Montiño / Vilagarcía de Arousa

Peza no bosque do Castro Alobre

CC BY-NC-ND

Do 8 de agosto ao 13 de outubro. Intervencións de seis artistas no bosque do xacemento arqueolóxico de Castro Alobre. Presento a peza “Ensanguentadas“, obra de aluminio de perfís de fachada estructural de 300 x 300 cm, dividida en nove módulos de vidro laminado mate de 4 + 4 mm de grosor, pintada pola parte posterior de cor vermella simulando unhas rosas.

2009 / Cores para Cabanillas / Exposalnés / Cambados

Detalle do cadro "Na noite estrelecida"

CC BY-NC-ND

Colectiva comisariada por Fernando Arenaz na sala de Exposalnés en Cambados. A temática, a figura de Ramón Cabanillas. Presento unha obra de pequeno formato titulada “Engurras” influenciado por unha foto do escritor na que se aprecian, xa vello, as engurras da súa cara.

2007 / Feria ‘deARTE 2007’ / Palacio de Congresos / Madrid

Detalle do cadro "Vermello esmajado"

CC BY-NC-ND

Participei por segunda vez coa galería de arte Borrón 4 de Cambados presentando obra en soporte de aluminio e teas de formato grande.

2007 / Terras - Lurrak / Museo de Arte e Historia / Durango

Detalle do cartel da mostra

CC BY-NC-ND

Do 3 ao 25 de marzo. Obra sobre aluminio. Comparto espazo con Manolo Chazo, Juan Moreno Badía, Elías Cochón e Vítor Rúa. O texto do catálogo foi levado a cabo por Carlos Crespo.

2007 / Del azul a la plata / Claustro del Centro Cultural Las Claras / Plasencia

Detalle do cadro "Ferida"

CC BY-NC-ND

Do 4 de novembro ata o 8 de decembro. Del Azul a la Plata, “Proyecto M de Zarza de Granadilla”, metáfora que dá título a esta exposición. Expuxemos Juan Moreno Badía, Elías Cochón Rey, Manolo Chazo, Xaquín Chaves e máis eu. Esta exposición foi concebida para ser itinerante e alentar o intercambio entre artistas galegos e extremeños.

2006 / Feria "deARTE 2006" / Palacio de Congresos / Madrid

Detalle do cadro "Barullo branco"

CC BY-NC-ND

Primeira participación na feira de arte "deArte 2006" coa galería Borrón 4 de Cambados, dirixida polo galerista Luis Silvoso. Mostro pezas da serie vinteporvinte en DM e algunha obra de formato grande en tea.

2006 / Del azul a la plata / Sala de Exposiciones “Proyecto M Zarza de Granadilla" / Cáceres

Sala da exposición

CC BY-NC-ND

Do 4 de novembro ata o 8 de decembro. Del Azul a la Plata, “Proyecto M de Zarza de Granadilla”, metáfora que dá título a esta exposición. Expuxemos Juan Moreno Badía, Elías Cochón Rey, Manolo Chazo, Xaquín Chaves e máis eu. Esta exposición foi concebida para ser itinerante e alentar o intercambio entre artistas galegos e extremeños.

2006 / Art Salzburg / Feria de Arte de Salzburg / Austria

Detalle do cadro "Barullo cogollos"

CC BY-NC-ND

Do 12 ao 15 de agosto, expoñendo obras na feira de arte de Salzburg - Austria, coa galería Pablo Ruíz de Málaga. Obras presentadas en soporte de aluminio e tea.

2006 / Inter Pares / Galería Chroma / Vigo

Detalle do cadro "Pingüín"

CC BY-NC-ND

Exposición colectiva desenvolvida durante o mes de decembro de 2006 na galería Chroma de Vigo. Participaron varios artistas, presentando obra en soporte de aluminio de 50 x 100 cm.

2004 / Abstracciones II / Galería Chroma / Vigo

Detalle do cadro "Paisaxe con nube azul"

CC BY-NC-ND

Colectiva realizada dende o 12 de abril ata o 8 de maio. A abstracción como tema da mostra. Expomos Guillermo Díez, Cheles Martínez, Alicia Monteagudo e Alba Pardo.

2004 / Dende o mar de Arousa 6 pintores / Xornadas Gastronómicas Do Marisco “Dismarga” / Sada

Detalle do catálogo das xornadas

CC BY-NC-ND

Comisariada por Vítor Mejuto e inaugurada no Concello de Sada, dentro das Xornadas Gastronómicas do Marisco, organizada por Dismarga. Participo con Fernando Arenaz, Xaquín Chaves, Carlos Maño, Vitor Mejuto e Miguel Piñeiro. Cada artista presenta dúas obras.

2003 / 11 artistas arousáns / IES Armando Cotarelo Valledor / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cadro "Poema"

CC BY-NC-ND

Realízase en setembro de 2003 coa finalidade de achegar aos alumnos ás expresións artísticas. Participo xunto con Fernando Arenaz, Xaquín Chaves, Manolo Chazo, Enrique Conde, Fausto García, Carlos Maño, Anxo Pastor, Guillermo Pedrosa, Victor Rúa e Lino Silva.

2003 / Arte Axuda Galicia / Pavillón de Fexdega / Vilagarcía de Arousa

Detalle do libro "arte axuda Galicia"

CC BY-NC-ND

De novembro de 2002 ata xuño de 2003. Exposición itinerante por varias provincias. Organizada polo colectivo de artistas plásticos arousáns “Marea Branca” na loita contra a marea negra do Prestige. Doamos obra 500 artistas españois.

2002 / I Mostra Luso-Galaica D'arte Contemporanea / Chaves / Portugal

Detalle do catálogo da mostra

CC BY-NC-ND

Do 8 ao 23 de marzo de 2002. Coordinada por Xan Paz e Modesto Contreras para “Loja 7” no seu 5º aniversario, no que se mesturaba pintura, escultura, fotografía, electrografía, obxectos, multimedia e deseño. En total trinta e cinco artistas arousáns e máis de corenta artistas portugueses.

1998 / Colectiva de nadal / Galería Borrón 4 / Cambados

Detalle do cadro "Estación ferroviaria"

CC BY-NC-ND

Colectiva de nadal no ano de apertura da Galería Borrón 4, fundada por Luis Silvoso. A temática xirou en torno á paisaxe. A miña obra foi a estación de trens de Vilagarcía de Arousa.

1998 / Xoguetes de artista / Galería Arcana / Vilagarcía de Arousa

Foto dos artistas nun recorte de periódico

CC BY-NC-ND

Realizada durante o mes de abril. Expoño unhas maquetas de aluminio e máis un pé vertical de aceiro sostendo unha botella de Coca-Cola de fundición, xunto ás obras de Xaquín Chaves, Carlos Maño, Manolo Chazo e Enrique Conde.

1997 / Paisaxe Extensiva / Pórticos / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cartel da mostra

CC BY-NC-ND

Colectiva que comezou en abril do ano 1997 e rematou en maio dese ano, donde 24 autores da comarca do Salnés interpretan a paisaxe sobre un soporte tan íntimo como é o papel.

1997 / III Bienal “Laxeiro” / Lalín / Pontevedra

Detalle do libro da mostra

CC BY-NC-ND

Dende o 9 ao 31 de maio. Museo Municipal “Ramón Mª Aller Ulloa”. Organizada polo Concello de Lalín e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Comisariada por Paio.

1997 / Pintura-Escultura / Fogar do Pescador / Vilaxoán de Arousa

Detalle do cartel da mostra

CC BY-NC-ND

Con Xaquín Chaves, Manolo Chazo e Moreno Badía. Mostra inaugurada con motivo do Día das Letras Galegas. Participo cun tríptico de 300 x 200 cm en aluminio lacado en negro, cun rexistro en terras e ocres. Reflexión sobre a arquitectura, a paisaxe e o viño.

1997 / Marathón / O Patín / Cambados

Detalle do cartel da mostra

CC BY-NC-ND

Inaugurada o 30 de maio. Participaron tamén Fernando Arenaz, Moreno Badía, Xaquín Chaves, Manolo Chazo, Guillermo Charlín, Enrique Conde, Carlos Maño, Vítor Mejuto, Saúl Otero, Anxo Pastor, Xan Paz, Guillermo Pedrosa, Carlos Sarandeses, Ciro Sánchez e Lino Silva.

1997 / Fexdart 97 / Pavillón Fexdega / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cadro "Forma negra"

CC BY-NC-ND

Coordinada por Enrique Conde. Presento un díptico en aluminio de gran formato - 300 x 250 cm - titulado “Forma negra“. Tamén participan Manolo Chazo, Xaquín Chaves, Guillermo Charlín, Xosé Conde Corbal, Enrique Conde, Carlos Maño, Lino Silva, Anxo Pastor e Fernando Arenaz.

1997 / Picadillo / Exposición Gastronómica en Pórticos / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND

Exposición comisariada por Xan Galván, coa participación de pintores, escritores e poetas. Tivo lugar durante o mes de decembro do ano 1997 en Vilagarcía de Arousa.

1995 / 7 Patinazos / O Patín / Cambados

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND

Exposición organizada por min durante o mes de decembro do ano 1995. Participan tamén Francisco Leiro, Manolo Paz, Lino Silva, Xaquín Chaves e Manolo Chazo.

1994 / Coincidencias / Itinerante dentro dos Circuitos Culturais da Xunta de Galicia / Galicia

Detalle do libro da mostra

CC BY-NC-ND

Agosto. Mostra de pintura, escultura e instalación, organizada pola Consellería de Cultura de Galicia, coa participación de 23 artistas entre pintores e escultores. Aporto duas pezas sobre soporte de aluminio, “Recipiente” de 100 x 200 cm e “Reflexos I” de 100 x 200 cm que leva incorporado un cubo de aluminio prensado.

1994 / Pintores de Valle / Casa da Cultura de Vilanova / Vilanova de Arousa

Detalle do folleto da mostra

CC BY-NC-ND

Dende o 5 ao 20 de outubro. Mostra organizada pola Concellaría de Cultura de Vilanova de Arousa, compartida co pintor Lino Silva, expoño obra sobre papel e tamén unha serie de tres cadros en torno a Valle-Inclán.

1993 / Loairas / Castelo de Soutomaior / Pontevedra

Detalle do libro da mostra

CC BY-NC-ND

Do 14 ao 30 de maio. Participo xunto con Manolo Chazo, Carlos Sarandeses e Xaquín Chaves. Expoño cadros en tea de gran formato e obra en papel, e pezas simulando pés, realizadas con cubos de aluminio prensado, lacados de varias cores.

1992 / Círculos / Pavillón Fexdega / Vilagarcía de Arousa

Detalle do libro da exposición

CC BY-NC-ND

Dende o 15 ao 30 de agosto. Presento unha obra de gran formato - 220 x 190 cm - titulada “Arcos e Lúa”. Expomos trinta e seis artistas, entre pintores e escultores. Textos do catálogo a cargo de Isabel Dominguez Pérez e Xesús Ron.

1992 / Exposición Tarxetas do Nadal 91-92 / Museo Municipal de Ourense / Ourense

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND

Mostra colectiva de tarxetas do Nadal. Dende o 20 de decembro de 1991 ata o 6 de xaneiro de 1992.

1989 / Eros. Pinturas, debuxos e gravados / Pórticos / Vilagarcía de Arousa

Debuxos presentados por Uxío

CC BY-NC-ND

Mostra en torno ao erotismo, realizada nun espacio alternativo, onde nos xuntabamos moitos artistas do Salnés e onde saíron moitas exposicións, ideas, inquedanzas…

1988 / Mostra Plástica Camelia 88 / Casa da Cultura / Vilagarcía de Arousa

Detalle do folleto da exposición

CC BY-NC-ND

Mostra que durou tres días, dende o 4 de marzo ata o 6 dese mesmo mes. Foi organizada polo Ateneo de Arousa. Entre os invitados estaba o mestre Conde Corbal.

1988 / ponte Pintura / Teatro Principal de Pontevedra / Pontevedra

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND

Mostra colectiva no Teatro Principal de Pontevedra. Nesta mostra levei varias obras obscenas coas que quería provocar ao público.

1986 / Semán das Letras Galegas / Fogar do pescador / Vilaxoán de Arousa

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND

Nesta exposición participan pintores da comarca do Salnés: Josechu Bandín, Xaquín Chaves, Guillermo Pedrosa, Xurxo Alonso e Carlos Maño.

1986 / Eslabón Un / Instituto Valle-Inclán / Pontevedra

Detalle do cartel da exposición

CC BY-NC-ND por Anxo Cabada

Dende o 18 de xullo ao 17 de agosto. Participo na mostra con Saúl Otero, Carlos Sarandeses “Peri”, Blanca Silva, Nuria Guardiola e Alonso Martínez.

1986 / Deseño e Arte Inmediato / Fexdega / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cadro "Peirao"

CC BY-NC-ND

A mostra, montada nun pavillón de Fexdega, reuniu a pintores, escultores e fotógrafos; continuando o proxecto iniciado no ano 1985.

1985 / Deseño e Arte Inmediato / Fexdega / Vilagarcía de Arousa

Detalle do cadro "Locomotora"

CC BY-NC-ND

A mostra, montada nun pavillón de Fexdega, foi denominada “O oasis de Fexdega”. Reuniu uns 40 creadores, entre eles, deseñadores, pintores, escultores, fotógrafos e arquitectos. Organizada por Xosé Luis Camba, presento entre outras obras o cadro “Locomotora”.

1984 / Ollando Cara o Mar / Casa da Cultura de Vilagarcía / Vilagarcía de Arousa

Foto dos artistas e amigos

CC BY-NC-ND

Dende o 22 de decembro de 1984 ata o 6 de xaneiro de 1985. Mostra organizada polo Ateneo de Arousa sendo presidente Xosé Castro Ratón. Expoño a obra “Baixo da Umbela” - 200 x 160 cm. Tamén expuxeron Álvaro Vila, Carlos Maño, Enrique Conde, Francisco Leiro, Guillermo Pedrosa, Haydée Estévez, Lino Silva, Manolo Chazo, Manolo Paz, Xaquín Chaves, Xosé Bandín, José Manuel Grangel, Xosé Luis Perez Franco e Xurxo Alonso. O texto da exposición é de Anxo Pastor.

1983 / Mostra de Arte de Artistas Arousáns / Casa do Mar de Vilagarcía / Vilagarcía de Arousa

Artistas participantes na mostra

CC BY-NC-ND

Do 17 de decembro ata o 7 de xaneiro. Primeira colectiva con artistas da comarca: Xurxo Alonso, Alvaro Vila, Xosé Bandín, Coque, Xaquín Chaves, Manolo Chazo, Xosé Luis Pérez Franco, Grangel, Francisco Leiro, Lino Silva, Carlos Maño, Manolo Paz, Anxo Pastor, Guillermo Pedrosa, Saavedra, Xabier Camba e Xosé Rañó. Presento cadros de paisaxes con predominio das cores escuras.

1974 / I Mostra de Pintura Xoven de Galicia / Casino de Vilagarcía / Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

CC BY-NC-ND

Primeira mostra colectiva na que participo, cunha versión dun cadro de moblería que tiña a miña nai. Empezo a coñecer a moitos artistas arousáns. Ao final da mostra a miña obra foi adquirida na subasta, o que provocou toda unha alegría nun mozo de 16 anos.