Consulta de prezos

Se estás interesado en comprar algunha das miñas obras ou simplemente queres consultar o prezo, será preciso que indiques a referencia do cadro ou cadros no correo electrónico. Unha vez recibida a mensaxe contestarei á maior brevidade posible. Non esquezas deixar os teus datos de contacto (nome e teléfono).

Envío de obras

As condicións de pagamento e de envío pactaranse previamente entre as dúas partes. É recomendable o envío das obras a través de mensaxería urxente. O empaquetado contará coa debida protección para evitar desperfectos nas pezas.

Datos de contacto

Podes poñerte en contacto comigo enviándome unha mensaxe ao correo electrónico pintura@uxiolopez.com ou tamén chamándome por teléfono ao número de móbil +34 666 593 136. Se o prefires, podes visitar o meu estudio na rúa Monte Berdón número 14, código postal 36613, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).